O coordinador de Cidadáns (C’s) de Negreira, José Manuel López, expuxo as propostas de carácter social da súa Agrupación no seu segundo ‘Café Ciudadán’, nun encontro distendido que, pouco a pouco, vaise convertindo nuha seña de identidade do partido.
No encontro, ó que asistiron unha treintena de Cidadáns, e que tivo lugar no Café-Bar Fontana, López, arroupado polos coordinadores de (C’s) Galicia e membros de diversas agrupacións gallegas, informou que “(C’s) Negreira presentase ás vindeiras municipais e ven para quedarse”. E expuxo, que “concurrirán cun programa marcadamente social”, para que, engadiu, “ningún veciño de Negreira quede descolgado da prosperidade que queremos traer a este pobo cheo de posibilidades”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario