BNG Teo - Demanda de arranxos en pistas

O BNG celebrou o luns 9 de febreiro o primeiro encontro coa veciñanza dos 19 programados. Comezouse no lugar da Igrexa en Calo, parroquia na que se prevén tres encontros máis. 

Entre as interesantes propostas dos veciños e das veciñas que incorporamos ao programa electoral, destacouse como actuación necesaria e urxente o arranxo dalgunhas pistas en Cesar e nomeadamente a pista que vai da Igrexa a Folgueiras por detrás do campo de fútbol de Calo, que se atopa nun estado intransitable e que xa provocou averías en vehículos de veciños. 

Esta demanda foi exposta polo voceiro do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, no Pleno de xaneiro de 2015 como un rogo ao goberno municipal, mais a día de hoxe todo segue igual.



Diante disto, o BNG demanda unha actuación urxente nesta estrada e nas pistas en mal estado.

Ningún comentario: