A primeira sesión das NerdNite en 2015 celebrarase este xoves 5 no Café Casino (r/ do Vilar, 35) coas intervencións dos investigadores César González García e Justo Arines Piferrer e a da co directora de ACCEGAL, Fátima García Doval. O capítulo de Compostela das NerdNite colabora en 2015 na conmemoración do Ano Internacional da Luz coa inclusión de varias charlas relativas a este tema ao longo do ano.
Esta nova sesión abriraa ás 21.30 horas César González, investigador Ramon y Cajal do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC), coa charla ‘Arqueoastronomía: unha viaxe inesperada de Rivendel a Petra’. Fátima García Doval tomará o relevo cunha intervención titulada ‘Siga a ese coello branco: Alicia no tobo’. Para rematar, Justo Arines Piferrer, investigador Pargal Pondal da área de Óptica do Departamento de Física Aplicada da USC, presentará unha disertación co título ‘Fágase a luz! E a vida foi máis fácil’.
Nerd
As NerdNites son unha proposta nacida hai anos en Estados Unidos e á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario