Pacto X Ames - O alcalde retrasa a entrega dos titulos da parcelaria Biduido II

Santiago Amor está ralentizando de forma deliberada a entrega dos títulos da concentración parcelaria da zona de Biduído II – Bugallido.

Os títulos están preparados para entregar e simplemente a condición de oportunismo político impide que se leve a cabo a entrega dos mesmos. O traballo está feito dende hai meses.

Este procedemento xa tivo diversos atrancos pola indolencia do goberno de Santiago Amor porque había 7 fincas coma sobrante mancomún desta concentración parcelaria e tivo que ser a Xunta de Galicia quén remitira un documento onde reclamaba especificar o destino que se pretendía dar as fincas que quedaban para o concello, e dicir, unha vez máis non fixeron o seu traballo, de aí a reunión que se celebrou no concello o pasado 6 de maio de 2014. 

Como consecuencia, nesta reunión do 6 de maio pasado, aprobouse por unanimidade a cesión ao Concello de Ames das masas comúns que correspondían, en concreto 6.700 m2. Este paso era o último requisito que se poñía dende a Consellería de Medio Rural para proceder á entrega dos títulos, de feito, nesta data o Alcalde Santiago Amor dixo textualmente que “con este novo trámite estase chagando ao final do proceso”

Nove meses despois desta reunión, as administracións responsable (Xunta e Concello) non fixeron aínda a entrega destes títulos unicamente por oportunismo político xa que o procedemento está completado.

Pacto x Ames xa presentara en abril de 2014 unha moción para instar as dúas administracións a realizar todos os trámites pendentes de resolución que derivou na reunión do 6 de maio do 2014.



Esta concentración parcelaria ten unha historia de case 30 anos sen resolver e afectaba inicialmente a 1.200 propietarios e preto de 3.000 fincas polo que o feito de estar ralentizando esta cuestión é unha mera falta de respecto e sensibilidade.

Ningún comentario: