Psoe Padrón - A piscina municipal: Outra gran mentira do PP

O goberno local, co alcalde a cabeza, mentiu outra vez, ao afirmar que a piscina abriría o dous de febreiro, ao adxudicarse a prestación do servizo pola Xunta de Goberno Local (PP) a Aquacenit Ocio y Deportes SL, por un importe de 21.750 euros. 

Agora din que a empresa adxudicataria non se presentou á firma do contrato e, que se pospóns a súa apertura sen data. 

A realidade é que a piscina non está en condicións de abrir ao público. 

O portavoz do Grupo Socialista, Camilo Forján, visitou as instalacións da piscina municipal, para comprobar o estado das mesmas, atopándose coa sorpresa de que hai obras sin rematar, paneis do teito sen colocar, encombro en varias áreas, os aseos (baños e duchas) non están aptos para o seu uso ... 

Os aseos e duchas ofrecen un estado deprimente, cables eléctricos a vista, paneis do teito sen colocar, escombro por varias dependencias, zonas onde xa se fai visible a presencia de manchas de humidade, é decir, as obras que aínda están sen acabar, polo que dificilmente a piscina podería abrir tal e como manifestaron desde o goberno local, mentindo e enganando unha vez máis a usuarios e traballadores da piscina, así como aos veciños do concello de Padrón. 

O Grupo Municipal Socialista, insta ao alcalde e gobernomunicipal (PP) a que por unha vez, sexan claros e, digan cando se van a rematar as obras e a iniciar a prestación do servizo, e se realmente queren poñer en en funcionamento este servizo, que está obrigando a moitos veciños a desprazarse a concellos limítrofes, co gasta engadido correspondente, para poder asistir a un servizo que se viña prestando na nosa piscina municipal desde fai anos, ata que o goberno actual, PP, decidiu cerrala,pechala, sendo agora incapaz de reabrila. 

Por outro lado, hai once traballadores, once familias, nunha situación laboral complicada desde fai varios meses, algo que parece non preocupar aos membros do goberno municipal, con responsabilidade subsidiaria na súa situación. 

Ningún comentario: