O Programa de Apoio Empresarial á Muller (PAEM) da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela rexistrou 489 usuarias, 606 demandas de asesoramento, ademais de crear 89 empresas e 35 postos de traballo asalariado durante 2014. Estes datos sitúan á Cámara de Comercio de Santiago á cabeza da creación de empresas do PAEM en Galicia e no segundo posto do programa en España.
O PAEM ten como obxecto básico sensibilizar ás mulleres e ao seu contorno cara o autoemprego e a actividade empresarial e actuar como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas. A Cámara de Comercio de Santiago desenvolve desde hai máis dunha década este programa específico de apoio empresarial á muller, que demostrou ser “un instrumento eficaz” tanto para crear e consolidar empresas lideradas por mulleres como para fomentar no xénero feminino cualidades como a cooperación e a innovación empresarial e tecnolóxica. O programa naceu a través dun convenio asinado entre a Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad do Ministerio de Sanidad e a Cámara de Comercio de España, con financiamento do Fondo Social Europeo.
A moda infantil dos babeiros
Creou My Bib Joy, unha empresa de moda infantil dedicada ao deseño e fabricación exclusiva de babeiros. “Cada babeiro confecciónase con sumo mimo e coidado, de maneira artesanal e utilizando materiais de alta calidade. O obxecto é ofrecer ao mercado produtos dos que me sinta orgullosa” –explica–. Os babeiros son únicos, fabricados con triple tea para ofrecer a máxima protección ao bebé, e con tiradas moi curtas que permiten sacar modelos novos en breves períodos de tempo.
A empresa naceu baixo a filosofía de ser un negocio próximo e accesible que sempre atende aos seus clientes. A creación da tenda online www.mybibjoy.com achega os babeiros ao cliente final.
A asesoría para o mundo agrario
A emprendedora Lorena Pérez decidiu arriscar e abrir unha asesoría e consultoría fiscal orientada ao mundo agrario, baixo o nome de Asesoría Medea. A idea xurdiu pola experiencia laboral e polo falta de atención a un sector primordial da economía galega. Lorena Pérez considera que o programa PAEM foi de gran axuda para o despegue do seu proxecto, grazas a unha boa orientación e o respaldo na toma de decisións.
Segundo a emprendedora, a empresa baséase na confianza do cliente e o trato persoal. “Gústame explicar aos clientes en que consiste o meu traballo e como vai o seu negocio. Demostro a mesma preocupación polo meu negocio que polo de cada un dos meus clientes” –indica–.
Ningún comentario:
Publicar un comentario