O portavoz nacionalista, Ramiro Recouso Liste, acusa a Regos de aumentar os custos da obra por non aplicar o sentido común .
O edil nacionalista lembra “que hai tres semanas executáronse obras de reposición do saneamento entre os números 12 e 18 da Rúa do Recreo. En principio a execución destas obras deberían solucionar un problema histórico que sufrían os sotos destes inmóbeis, que ano tras ano sufrían asolagamentos porque as conducións estaban moi deterioradas. Procedeuse á instalar unhas novas conducións e a pavimentar de novo a rúa”.
Ramiro Recouso, denuncia “que esta semana procedeuse a reiniciar as obras no mesmo lugar, porque o problema non quedou solucionado, porque na vez de sustituir o antigo saneamento que está a catro metros de profundidade so se acometeron obras na superficie da rúa, polo que o problema sigue igual que estaba. Agora, o goberno local, pretende solucionar o problema reparando o antigo saneamento desde a superficie mediante unha técnica de selado con resina, que xera un importante sobrecusto sobre o proxecto inicial da obra, cando era mais económico e doado de executar as obras de sustitución do saneamento cando se procedeu a abrir unha zanxa na rúa”.
O BNG lamenta que a falta de sentido común do alcalde, cause tantos quebradeiros de cabeza aos veciños e comercios do entorno, e ás arcas municipais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario