O voceiro do Bng, Antonio Ponte, mostrouse moi satisfeito cos contactos que conseguiu estes días na Feira Internacional de Turismo Fitur en Madrid, onde mantivo entrevistas con profesionais do sector turístico de 5 países, co obxectivo de dar a coñecer Negreira e promocionar o pequeno comercio e turismo.
Ponte asegura que “para vender Negreira ao exterior, primeiro hai que crer nas nosas magníficas posibilidades, coñecelas e sabelas apreciar, e nos temos paisaxe, situación xeográfica excelente, bosques autóctonos, pazos medievais, igrexas románicas, maxestuosas pontes, castros pre-romanos, mámoas e cultura megalítica.” Añade Ponte que “en Negreira somos uns privilexiados por toda esta riqueza que temos, agora só falta un goberno que a saiba apreciar e coñeza os mecanismos para promocionala ao exterior, xerando así desenrolo e unha gran riqueza para a nosa vila e para os nosos veciños.”
Tour operadores, axencias de viaxes organizados, publicacións turísticas, asociacións do Camiño de Santiago, medios de comunicación, productoras de cine e televisión e outros profesionais do turismo, se interesaron pola información aportada nas charlas de Antonio Ponte en Fitur.
Resposta ao alcalde
Ponte responde a Rey Maceiras, quen afirmaba na prensa que Negreira sí que estaba en Fitur, que “como ben puiden comprobar eu, a presencia de Negreira en Fitur por parte do Goberno PP-PBN se limitou a aparecer (como non podía ser doutra forma) no mapa da provincia da Coruña da Deputación, e califica ao Goberno de ser uns irresponsables por desaproveitar oportunidades, e de ser xunto cos anos de goberno do Psoe, os culpables do abandono e afundimento de Negreira.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario