O
pasado 31 de xaneiro remataba, no local social de San Vicenzo, a rolda de
visitas ás parroquias por parte do candidato socialista á alcaldía Xosé Antonio
Pereira Gil.
Nos últimos catro meses, inmediatamente
despois da súa proclamación como candidato socialista á alcaldía nas vindeiras
elección municipais, Xosé Antonio percorreu as 15 parroquias que conforman o
concello de A Baña. Era preciso coñecer de primeira man a situación na que se
atopan as infraestruturas e servizos dos que dispoñen en cada núcleo de
poboación. Os Grupo Socialista Municipal leva moito tempo denunciando as
diferentes deficiencias que ano tras ano reclaman os veciños e veciñas. "É
imprescindible preguntar directamente ao veciño para presentar un proxecto
político que sitúe ao noso concello no lugar que merece”
Toda a información e propostas recollidas nas
xuntanzas convocadas nos locais sociais de cada parroquia serán a base para a
elaboración dun programa electoral real, co que o PSdeG-PSOE de A Baña
concorrerá ás vindeiras elección municipais que se celebrarán o 24 de maio.
Coas visitas “porta por porta” rematadas, Xosé
Antonio Pereira Gil, convocará aos diferentes colectivos para recoller as súas
propostas e ideas. Será a quenda das asociacións xuvenís, deportivas,
traballadores municipais, profesionais do centro de saúde, colexio público,
ANPA,…
Ningún comentario:
Publicar un comentario