Santiago - Oh Trío presenta o seu último traballo, ‘Cancionero Gallego’

Oh Trío presenta o seu novo traballo discográfico baseado nas melodías tradicionais do Cancionero Gallego de Torner e Bal y Gay. Tras un intenso traballo de selección entre os centenares de melodías da obra, Oh Trío propón unha recreación de melodías galegas dende o prisma do jazz e a improvisación. Será nun concerto hoxe martes 3 ás 21.00h no Centro Galego de Arte Contemporánea enmarcado dentro do ciclo Sons’15. As entradas poden mercarse en , poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, na tenda Merlín e familia, na web www.madapro.es e no propio CGAC o día do concerto desde as 18.00h. Teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 o día do concerto.

Oh TRÍO

ANTONIO BRAVO guitarra acústica
GERMÁN DÍAZ zanfona / caixa de música programable / serra musical
DIEGO MARTÍN bhendir / batería

Oh trío nace en 2008, aínda que os seus compoñentes coñecíanse e colaboran en distintas formacións desde hai anos. Grupos como Rao trío, A Brigada Bravo&Díaz ou Marisco Fresco, con varias gravacións no selo Producións Efímeras, son proba das devanditas colaboracións. Realizaron xiras por Colombia, Alxeria, Rusia, Francia, Italia, Portugal, España, Austria, Bélxica, Alemaña, Bulgaria, Marrocos, Eslovenia, Finlandia, Suíza, Paises Baixos, Noruega, Moldavia, Ucraína, México, Brasil, Serbia.... Os seus traballos discográficos mereceron recoñecementos como 2º Mellor Disco do Ano (Cuadernos de Jazz) e Mellor Disco Internacional (Jazz Tokio).

Antonio Bravo
Guitarrista natural de Ribeira (A Coruña) residente en Madrid desde 1993. Recibiu clases de David Liebman (Ex Miles Davis band), Barry Harris, Jerry Bergonzi, Chuck Israels, Mike Richmond, Ronan Guilfoyle, Bruce Forman, Peter Kowald, etc e impartiu cursos de improvisación.

É membro do colectivo “Música Libre” (asociación para a difusión da música improvisada) e foi co-organizador do festival internacional de música improvisada “HURTA CORDEL” en 2000, 2005 e 2006. Nos últimos anos tocou con grupos e solistas do ámbito internacional como María Joao, Jorge Pardo, Carlo Actis Dato, Jean Palandre, Mark Pichelín, Greg Moore, Valentín Clastier,Germán Díaz, Merran Laginestra o Phil Durant.

Asiduo colaborador dos grupos do contrabaixista Baldo Martínez. En 2008 recibiu o premio de mellor disco do ano con Baldo Martinez. E o disco de Brigada Bravo&Diaz (Musicas populares da porca civil) foi seleccionado por Cuadernos del Jazz como 2º mellor disco do ano e entre os “Top 10” pola revista xaponesa “Jazz Tokio”. Actuou en festivais de Jazz e música improvisada.

Germán Díaz
Nace en 1978 en Valladolid, onde realiza estudos de guitarra clásica e Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid así como o Curso de Posgrao "Especialista Universitario en Estudos sobre a Tradición". Estuda zanfona con Rafael Martín, Pascal Lefeuvre, Laurent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Chabenat, Nigel Eaton, Patrick Boufard, Laurence Bourdin, Valentin Clastrier, Matthias Loibner, Tobie Miller, etc...

Actuou por todo o mundo e colaborou con numerosas formacións e intérpretes. Pertenceu á mítica Viellistic Orchestra, Orquestra de zanfonas.

En 1999 foi galardoado co premio Racimo de Oro da música polo seu labor de recompilación e difusión da música tradicional. En 2004 creou a súa propia discográfica, Producciones Efímeras, xunto a Fernando Fuentes. O seu disco "Músicas populares de la Guerra Civil" -dúo de zanfona e guitarra- , en colaboración con Antonio Bravo, foi elixido como segundo mellor disco do ano 2009 por Cuadernos de Jazz, e mellor disco internacional pola veterana revista xaponesa Jazz Tokio. Premio á mellor Banda Sonora no Festival de Cortometrajes La Fila, por Artículo 349, 2009.

Como solista ou coautor editou unha decena de traballos discográficos e colaborou nun centenar de gravacións.

Diego Martín
Nace en 1976. Empezou a estudar batería con catorce anos de idade no taller de músicos de Madrid, participando en varios seminarios impartidos por Barry Harris e Leroy Williams. Estudou batería e improvisación libre no CEDI (Centro de Encuentro para el Desarrollo de la Improvisación) formando parte de orquéstra FOCO de música improvisada durante anos.

Estuda percusión mediterránea con David Mayoral. Formou parte de diversas formacións nacionais e internacionais. Colaborou eventualmente con Baldo Martínez Quinteto, Inma Serrano, La Musgaña e o trío alemán Draj. Tamén participou gravando os discos de: Mala Vida, Raúl Olivar, Carlos Chaouen, Juan Valderrama, Jesús Cifuentes, Jesús Prieto "Pitti", La Hora del Gato, Suso González "Carnavals", María Salgado, Celtas Cortos...

Actualmente colabora coa discográfica Producciones Efímeras” realizando gravacións no seu propio estudo “Embajadores”.

Ningún comentario: