O concelleira do BNG de Santiago, Elvira Cienfuegos, cuestionou a substitución do “tan anunciado e eloxiado Bosque de Galiza nas abas do Gaiás, no contorno da Cidade da Cultura, por unha plantación convencional, de planta disposta en liñas paralelas e a favor da pendente”.
Así, Elvira Cienfuegos denunciou que “a esperada mellora da paisaxe, coa percepción dende a cidade de cores e formas diversas que recordaran o bosque autóctono galego, vai ser substituída pola visión dunha plantación forestal convencional, que o que recorda é ao cultivo do eucalipto”.
Tanto no Concello de Santiago como no Parlamento, o BNG interesarase polo proxecto inicial do chamado Bosque de Galiza e pola súa execución, por entender que o percibido “non responde, en absoluto, ao que cabe esperar dunha intervención paisaxística no contorno da Cidade da Cultura”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario