.

.

Silleda arranxa dous viais na parroquia de Escuadro

Silleda, 27/08/2016 - O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey, está a arranxar dous viais na parroquia de Escuadro. Trátase da pista que une os lugares de Cascaxide e Sar e da situada na aldea de Sestelo.
O concelleiro Klaus Brey e o alcalde, Manuel Cuiña, visitaron hoxe os traballos que continuarán nos vindeiros días. Os tramos estanse acondicionando coa dotación dun novo firme, con aglomerado en quente, á vista do grave deterioro que viñan sufrindo.

“Trátase de dúas vías de comunicación situadas nunha zona con moitas e importantes explotacións gandeiras, co que o tránsito de maquinaria pesada también afecta ao deterioro más rápido destes viais”, indica o alcalde. 

Unha vez rematados os traballos entre Cascaxide e Sar, as obras trasladaranse á pista de Sestelo.

Con estos traballos o Concello de Silleda continúa a dar resposta na mellora de infraestruturas e servizos no rural, investindo neste caso na mellora de viais.
Publicar un comentario