.

.

Ordes realiza obras de mellora no pavillón Castelao I

Ordes, 27/08/2016 - O Concello de Ordes continúa coas tarefas de mellora que está a acometer no pavillón polideportivo Castelao I, cun orzamento de aproximadamente 20.000 €. Dende hai algo máis de dúas semanas están a realizarse obras nos vestiarios, nos que se está a instalar un novo azulexado e chans antiescorregadizos, cambios no sistema eléctrico e a instalación dunha nova rede de fontanería e billame. 
Ademais estase a intervir na pista central do inmoble co repintado das novas liñas adaptadas á normativa vixente actual de baloncesto e hóckey a patíns, ademais da implantación da imaxe do Concello. 

Tamén se está a intervir nos baixos de bancadas, onde se están a realizar un amplo proxecto de adecuación do dito espazo co pintado, a redistribución do espazo e a instalación de fiestras e lumieiras. En total serán dúas zonas destinadas a almacén, zona de lavandería e a instalación dun ximnasio e zona de exercicio e preparación para os integrantes do AC Hóckey Ordes. Segundo o previsto a partir da vindeira semana as obras estarán rematadas.
Publicar un comentario