.

.

O "Santiago Rugby Club" (SRC) retoma en setembro as súas actividades

Santiago, 26 agosto 2016 - Interesantes novidades no retorno a activdidade do Santiago Rugby Club. Tanto o equipo masculino como o feminino cambian de adestradores. Rodrigo García Patiño "Cañoto" toma as rendas do masculino na 2ª división galega e José Rey Rodríguez "Mega" fará o propio co equipo feminino.
Tamén se informará nestes días os horarios de adestramento da Escola de Rugby de Santiago para continuar coa formación deportiva e en valores dos máis novos a través do rugby.

Pero tal vez a noticia máis relevante do inicio de tempada sexa o acordo de filiación que acaban de asinar entre o SRC e o Campus Ourense Rugby.
O equipo Ourensán que estrea categoría en División de Honra B poderá contar grazas a este acordo cos xogadores do SRC que dean o nivel para reforzar as súas filas. Do mesmo xeito que os Ourensáns contarán con máis reforzos os Santiagueses terán unha motivación extra xa que aqueles que se esforcen poderán chamar a atención dos adestradores e ter posibilidades de xogar nunha gran liga.

No mes de setembro o SRC convida a todos aqueles que queiran achegarse a este apaixonante deporte a poñerse en contacto co Club e a unirse aos nosos adestramentos. 

teléfono: (606865428)
Publicar un comentario