.

.

A Mancomunidade de Ordes abre o prazo para apuntarse na nova quenda de obradoiros artesanais

Ordes, 27/08/2016 - A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes pon en marcha unha serie de novos obradoiros artesanais de cestería, fiado de la, plantas medicinais e cosmética natural. As persoas interesadas en participar poden inscribirse dende hoxe mesmo chamando ao teléfono 981680174 ou ben a través do correo electrónico info@xeiraconsultora.com. Aconséllase facelo o antes posible xa que as prazas son limitadas.

O obradoiro de cestería terá lugar nos concellos de Trazo e Tordoia os días 1, 8 e 15 de outubro, e no de Frades o 5, 12 e 19 de novembro. O de fiado de la terá lugar en Ordes e Mesía o 22 e 29 de outubro en ambos os casos. O de plantas medicinais desenvolverase en Cerceda, Mesía e Oroso os días 1 e 15 de outubro e o 12 de novembro respectivamente. No caso do de cosmética natural o 15 de outubro será en Ordes, o 22 e 29 de outubro en Cerceda, e en Oroso o 19 de novembro. 

Está previsto que dende o 16 ao 23 de decembro o Museo do Traxe Juanjo Liñares (Ordes) acolla unha ampla mostra con todos os traballos e labores realizados polo profesorado e o alumnado. A dita iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña para a súa posta en marcha.
Publicar un comentario