.

.

BNG Compostela - O intercambio de competencias do goberno e todo improvisación

Para Rubén Cela, o intercambio de competencias no Goberno local é “a mellor mostra da improvisación coa que traballa o PP”
Demándalle explicacións ao alcalde ben pola “perda de confianza” en María Pardo ou ben polas “actuacións meritorias” de Juan de la Fuente

O portavoz municipal do BNG, Rubén Cela, valorou os intercambios de competencias no seo do Goberno local do PP perante preguntas de xornalistas. Indicou que esta é a “enésima reformulación das competencias entre concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno e a mellor mostra da total e absoluta improvisación coa que traballa o PP”, afirmou.

“Hai un ano quitáronlle as competencias a Juan de la Fuente para poñelo baixo a tutela de María Pardo e agora recupéraas, pola porta de atrás e sen explicacións”, sinalou. “O mínimo que ten que facer o alcalde é explicar por que se lle retiraron hai un ano esas competencias a Juan de la Fuente e por que agora as recupera; mais cando non se explican as cousas é porque hai algo que non se quere dicir”, engadiu.

Con retranca, explicou que ou ben o alcalde atopou “actuacións meritorias” como a realizada na Virxe Branca, no centro sociocultural de Brandía, coas facturas falsas ou coas contratacións que saíron á luz en Vías e Obras no sumario da Pokemon; ou ben o alcalde perdeu a confianza na portavoz do seu Goberno, María Pardo.

“Para o BNG, o problema fundamental non é o reparto de competencias do grupo de Goberno senón o propio grupo de Goberno”, subliñou, xa que o PP mantén 10 de 13 edís imputados en diversas causas xudiciais que danan profundamente a cidade.
Publicar un comentario