.

.

Casa das Crechas - Performance "Unha faba, unha vida"

‘Unha faba, unha vida’, performance de Marina Oural e Ugia Pedreira, que xunta música, poesía, danza e comida
‘Unha faba, unha vida: as fabas lobas da casa’, sábado 25 de xaneiro ás 21h (12€)
Este é o primeiro espectáculo dunha serie que ten como protagonista a Marina Oural e a faba de Lourenzá
Nas seguintes sesións, en febreiro e marzo, Oural estará acompañada por Uxía e o músico Pierrot Rougier

A Casa das Crechas acolle o sábado 25 de xaneiro un espectáculo moi especial no que arte e alimento se dan a man: "Unha Faba, unha vida: as fabas lobas da casa", unha performance protagonizada por Marina Oural e Ugia Pedreira que xunta música, poesía, danza e comida: en concreto un guiso de fabas prantadas por Marina e cociñadas por elas dúas.

Chega a Compostela o fenómeno francés ‘Le Fooding’ que se estendeu por todo o mundo: a unión de comida (food) e sentimento (feeling). Foron dous críticos gastronómicos franceses, Emmanuel Rubin e Alexandre Cammas, os creadores do concepto que se foi extendendo desde París a Nova York e desde aí ás principias capitais europeas de vangarda como Londres, Milán ou Barcelona. Baixo este concepto a creatividade e os sentimentos buscan conseguir un gusto xenuíno, mesturando sabores nun ambiente confortable onde se disfrute de calquera elaboración culinaria.

Nesta primeira performance, a poesía e a composición musical serán os ingredientes das hortas do Val de Lourenzá, onde a faba loba renace para ser escoitada e degustada. Poemas e cancións creadas en parcería nunha performance onde Ugia Pedreira accede á súa voz máis íntima e ás súas composicións máis gardadas.

"Unha Faba, unha vida: as fabas lobas da casa" é o primeiro espectáculo do proxecto Le Fooding creado por Marina Oural para Casa das Crechas. As seguintes sesións terán lugar en febreiro e marzo e nelas participarán a cantora Uxía e o músico Pierrot Rougier.
Publicar un comentario